Betanzos, magic town
Carmen Cotelo | Salvador Naya análise da validez do test Betanzos nas eleccións autonómicas de Galicia
Que ten Betanzos para que políticos de diferentes tendencias atribúan aos seus votantes a categoría de pitonisos dos resultados de todo o país? Por que xa en xuño de 1987 se falaba nun artigo publicado en “La Voz de Galicia” do “test” Betanzos? Agora podemos coñecer as anécdotas e a historia dun fenómeno estudado en medio mundo --do que foi pioneiro o matrimonio de sociólogos norteamericanos Robert Lynd Staughton e Helen Lynd Merrell-- e constatar, grazas ao rigor estatístico, como en Betanzos se dan as mesmas circunstancias que inspiraron a película Magic town de finais dos anos corenta.
No libro Betanzos, magic town. Análise de validez do test Betanzos nas eleccións autonómicas de Galicia editado por Biblos, a xornalista Carmen Cotelo explícanos de modo ameno tanto a historia das middle town ou cidades media que poden ofrecer información precisa sobre as votacións de toda unha nación, como a aplicación nas eleccións españolas e galegas dos métodos de prospección do voto derivadas dese tipo de medicións. A outra parte do tema, a constatación científica de que algunhas mesas electorais de Betanzos representan con exactitude a media do votante galego, corre a cargo de Salvador Naya como coautor do volume, achegando as gráficas e táboas precisas.
Sabido é que Galicia é máxica. Máxica de meigas. Pero neste libro proponse outro tipo de maxia: a que se demostra coa ciencia estatística. Deste xeito convirte unha cidade señeira coma Betanzos nun espello da película Magic Town, con James Stewart e Jane Wyman de protagonistas. Eleccións, enquisas, proxeccións de voto… e Manuel Fraga pedindo o “test de Betanzos”. Aquí non hai ficción. Este é un libro de ensaio, moi documentado e con ben de testemuños de quen sabe do tema. Conxuga o entretemento dunha lectura amena co intento de ser “unha achega necesaria para os estudos de markéting e comunicación política”, como di Xosé Luis Barreiro Rivas no prólogo. Segundo el mesmo di, a obra “constitúe un aporte esencial aos estudos electorais, que nos axuda a coñecer o desenvolvemento da Trasición e a formación da nosa cultura democrática entendida nos máis amplos sentidos políticos e experimentais”.
Idioma Gallego
Publicación 2013
Editorial Biblos Clube
Categoría Otros géneros
Descargar Betanzos, magic town de Carmen Cotelo | Salvador Naya
Buscando resultados...
Accede gratis a la descarga del libro Betanzos, magic town de Carmen Cotelo | Salvador Naya © DescargarLibro.gratis Aviso Legal Contacto
DescargarLibro.gratis no contiene enlaces para descargar libros, bajar ebooks o leer pdf y epub online con derechos de copyright. Todos los libros pertenecen a dichos autores.
DescargarLibro.gratis no contiene enlaces para descargar libros, bajar ebooks o leer pdf y epub online con derechos de copyright. Todos los libros pertenecen a dichos autores.